Desenvolveranse 4 accións formativas na que participarán 8, 8, 12 e 12 traballadores.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, ven de concedernos unha subvención para o desenrolo de 4 accións formativas que permitirá mellorar a cualificación dos nosos traballadores. Estas accións formativas, de carácter especializado, son:
2018/000158_TRABAJOS EN ALTURA, RESCATE Y EVACUACIÓN. Duración: 8 horas.
2018/000214_TRABAJOS EN ALTURA, RESCATE Y EVACUACIÓN. Duración: 8 horas.
2018/000228_ESPACIOS CONFINADOS, ATMÓSFERAS EXPLOSIVAS Y PRIMEROS AUXILIOS. Duración: 27 horas.
2018/000326_ESPACIOS CONFINADOS, ATMÓSFERAS EXPLOSIVAS Y PRIMEROS AUXILIOS. Duración: 27 horas.
A formación, de carácter teórico práctico, permitirá mellorar o desempeño dos nosos traballadores, ao tempo que impulsa as nosas áreas de traballo. Esta formación impartirase entre os anos 2018 e 2019, de xeito que se produza un maior aproveitamento por parte dos traballadores.
Accións formativas para a mellora da cualificación profesional das persoas traballadoras ocupadas nos sectores estratéxicos da economía galega. Formación impartida ao abeiro da ORDE do 31 de decembro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á primeira convocatoria (código de procedemento TR310A).
Enmarcada no obxectivo temático 8 do Regulamento da UE: promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral, a prioridade de investimento 8.5: a adaptación dos traballadores e traballadoras, as empresas e o empresariado ao cambio, e o obxectivo específico 8.5.1: adaptar a cualificación das persoas traballadoras ás necesidades do mercado laboral, así como mellorar a súa situación contractual para garantir o seu mantemento no emprego e permitir a súa progresión profesional, polo que a entidade beneficiaria deberá debera observar as obrigas que leva consigo esta cofinanciación, establecidas na orde de convocatoria da axuda.